Abadía de Westminster
(en) Westminster Abbey | ||||
Tipo | Catedral anglicana ou episcopal (pt) Royal Peculiar (pt) atracción turística igrexa abadía Anglican church building (en) colexiata | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Pedro | |||
Parte de | Palácio de Westminster, Abadia de Westminster e Igreja de Santa Margarida (pt) | |||
Localización | ||||
División administrativa | Cidade de Westminster, Reino Unido | |||
| ||||
Composto por | ||||
Características | ||||
Monumento clasificado como grao I | ||||
Data | 24 de febreiro de 1958 | |||
Identificador | 1291494 | |||
Monumento clasificado como grao I | ||||
The Great Cloisters of Westminster Abbey (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | ||||
Data | 24 de febreiro de 1958 | |||
Identificador | 1066370 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | século X e 1540 | |||
Cronoloxía | ||||
20 de novembro de 1947 | Casamento de Isabel do Reino Unido e Filipe Mountbatten (pt) | |||
14 de novembro de 1973 | wedding of Princess Anne and Mark Philips (en) | |||
23 de xullo de 1986 | wedding of Prince Andrew and Sarah Ferguson (en) | |||
29 de abril de 2011 | Casamento de Guilherme de Gales e Catarina Middleton (pt) | |||
coroación | ||||
Primeiro rexistro escrito | 960 | |||
Actividade | ||||
Operador | English Heritage (pt) | |||
Propietario | English Heritage (pt) | |||
Sitio web | westminster-abbey.org | |||
A abadía de Westminster ou igrexa colexiata de San Pedro de Westminster é unha igrexa gótica de grande tamaño, situada en Westminster, Londres, á beira do Palacio de Westminster. É o lugar tradicional para as coroacións e enterros dos monarcas ingleses.
Historia
[editar | editar a fonte]De acordo coa tradición, no ano 616 fundouse un santuario no lugar coñecido como "Thorney Island". Dise que foi milagrosamente consagrado despois de que un pescador do río Támese tivera unha visión de san Pedro. Aínda que a existencia do santuario é incerta, a abadía histórica foi construída por Eduardo o Confesor entre os anos 1045 e 1050 e foi consagrada o 28 de decembro de 1065. Eduardo construíu a abadía ao faltar a un voto no que prometía realizar unha peregrinación; o papa aconselloulle redimirse construíndo unha abadía.
A abadía orixinal, de estilo románico, foi construída polos monxes bieitos. Reconstruíuse en estilo gótico entre 1245 e 1517. A primeira fase da reconstrución foi organizada polo rei Henrique III, como un santuario en honra a Eduardo o Confesor. Os traballos rematáronse durante o reinado de Ricardo II. Henrique VII engadiu unha capela dedicada á Virxe María en 1503. A pesar de que a abadía estivo cercada por Henrique VIII durante a disolución dos mosteiros en 1534 e pechada en 1540, en 1550 salvouse da destrución grazas á súa conexións coa realeza.
O dito inglés "robbing Peter to pay Paul", (en galego: "roubar a Pedro para pagarlle a Paulo") sendo o equivalente en galego "desvestir a un santo para vestir a outro", procede deste período no que o diñeiro destinado á abadía, dedicada a san Pedro, destinouse ao tesouro da catedral de San Paulo. En 1640 sufriu diversos danos ao seres atacada por puritanos pero foi protexida de novo grazas ás súas estreitas relacións co estado. Oliver Cromwell recibiu un fastuoso funeral no templo en 1658 para ser desenterrado en xaneiro de 1661 por orde de Carlos II.
A abadía volveu a mans dos bieitos baixo o reinado da raíña María que morreu en 1558 durante o reinado da súa irmá, Isabel I e foi soterrada na mesma abadía. En 1579, Isabel I de Inglaterra recuperouna converténdoa na igrexa colexiata de San Pedro.
As dúas torres situadas ao oeste da catedral construíronse en 1722 por Christopher Wren e Nicholas Hawksmoor; están feitas con pedra de Portland e son un exemplo da revitalización do deseño gótico. No século XIX realizáronse diversas reformas.
Coroacións
[editar | editar a fonte]Dende a coroación de Guillerme o Conquistador en 1066, todos os monarcas ingleses foron coroados na abadía, agás Jane Grey, Eduardo V e Eduardo VIII. O arcebispo de Canterbury é o encargado de realizares a cerimonia da coroación. A cadeira de santo Eduardo ("St, Edward's Chair"), o trono no que os soberanos sentan no momento da coroación, consérvase no interior do templo.
Soterramentos
[editar | editar a fonte]Henrique III reconstruíu a abadía en honra a santo Eduardo o confesor, cuxos restos repousan no santuario, o seu corpo atópase soterrado moi preto, na zona na que repousan os reis Plantagenet, as súas donas e fillos.
Monarcas soterrados en Westminster
[editar | editar a fonte]Reis de Inglaterra
- Eduardo o Confesor e a súa dona Edita de Wessex
- Henrique III de Inglaterra
- Eduardo I de Inglaterra e a súa dona Leonor de Castela
- Eduardo I de Inglaterra e a súa dona Felipa de Henao
- Ricardo II de Inglaterra e a súa dona Ana de Bohemia
- Henrique V de Inglaterra e a súa dona Catarina de Valois
- Eduardo V de Inglaterra
- Henrique VII de Inglaterra e a súa dona Isabel de York
- Eduardo VI de Inglaterra
- María I de Inglaterra
- Isabel I de Inglaterra
Reis de Inglaterra e Escocia
- Xacobe I e a súa dona Ana de Dinamarca
- Carlos II
- María II
- Guillerme III
- Ana I e o seu marido o príncipe Xurxo de Dinamarca
- Xurxo II e a súa dona Carolina de Ansbach
Outros persoeiros reais
[editar | editar a fonte]- Ana Neville, dona de Ricardo III de Inglaterra
- Ana de Cleves (1515-1557), dona de Henrique VIII
- María I de Escocia, raíña de Escocia
- Isabel de Bohemia
Ademais, hai outros moitos sepulturas de príncipes e membros da familia real.
Os aristócratas atópanse soterrados nas capelas laterais e os monxes e as persoas relacionadas coa abadía noutras zonas. Entre os personaxes que non pertencen á realeza e que están soterrados na abadía de Westminster destacan:
- Charles Darwin
- Ben Jonson
- David Livingstone
- Isaac Newton
- Joseph John Thomson
- Charles Dickens
- Rudyard Kipling
- Laurence Olivier
- Henry Purcell
- Geoffrey Chaucer
- Thomas Cochrane
Notas
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Abadía de Westminster |